Site icon Crónica3.com A Mariña

O equipo de goberno de Mondoñedo cre que “o PP pretende confundir á opinión pública con insidias e especulacións tendenciosas coa intención de dañar a imaxe e honestidade do goberno municipal e a do seu alcalde”

O goberno municipal de Mondoñedo responde así ás críticas do PP sobre as obras do entorno da Catedral:

1º.- Non hai nada raro na aprobación e pago das oito certificacións de obra executada e que foron remitidas ao Ministerio de Fomento como xustificación da subvención concedida.

2º.- A obra non está recepcionada polo concello e non hai certificación final de obra como ben sabe o PP e a súa portavoz.

3º.- A empresa adxudicataria abandonou a obra de forma unilateral, deixando traballos pendentes na execución das melloras e defectos de execución en diversas unidades de obra que, transcurrido o tempo, materializanse en patoloxías de maior envergadura.

4º.- A empresa foi e está a ser requerida polo concello de Mondoñedo a efectos de que proceda a reparar as deficiencias observadas e á execución das melloras que faltan por executar; coa advertencia de que se non o fai no prazo estipulado executaráse a obra polo concello e procederase á incautación da garantía definitiva.

5º.- De todo esto ten coñecemento o PP e a súa portavoz, polo que sementar sospeitas non está fundamentado e decir que hai despreocupación do goberno municipal non se corresponde coa realidade.

Exit mobile version