Site icon Crónica3.com A Mariña

“O Formigueiro” organiza o venres a I Xornada de Portas Abertas.

O vindeiro venres 26 de xullo a partires das 17:oo horas, na Casa do Bispo en Vilaselán, Ribadeo, terá lugar a I Xornada de Portas Abertas organizada polo “Formigueiro”. O obxectivo desta convocatoria é dar a coñecer o proxecto autoxestionado do Formigueiro no que un grupo de persoas traballan comunitariamente na horta ecolóxica e noutros proxectos como a posta en marcha dunha biblioteca, un banco de tempo ou un roupeiro. Durante a xornada de portas abertas, na que calquera persoa interesada pode participar e achegarse a coñecer o proxecto, está programado que se desenvolvan actividades como traballos comunitarios na horta, xantar popular e visionado do documental “La voz del Viento. Semillas de transición.” O horario previsto é o seguinte:
17:00 – 19:00 Traballo comunitario na horta.
19:00 – 20:00 Merenda – cea elaborada con produtos da horta.
20:00 Proxección do documental “La voz del viento. Semillas de transición.”

Exit mobile version