Site icon Crónica3.com A Mariña

O Grupo Municipal Socialista de Foz defenderá no Pleno deste xoves unha moción instando á Xunta a rematar o aglomerado da estrada que une as parroquias de Fazouro e San Acisclo

En vista do lamentable estado actual que presenta no concello de Foz a estrada une as parroquias de Fazouro e San Acisclo, cuxo firme se atopa moi deteriorado, e cuxo arranxo se deixou a medio facer por parte da Xunta de Galicia fai xa varios anos, deixando un tramo sen aglomerar dende aquela, os concelleiros do Grupo Municipal Socialista focense consideramos necesario que a Xunta de Galicia remate a reparación da citada vía canto antes, por tratarse dunha estrada moi transitada, tanto polos veciños do concello coma polos seus visitantes.

Por iso, presentan para o seu debate e aceptación no Pleno Municipal que terá lugar este xoves, esta moción coa finalidade de instar á Xunta de Galicia para que, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas ou do organismo, no seu caso, competente, remate canto antes o aglomerado da estrada que une as parroquias de Fazouro e San Acisclo no concello de Foz.

Exit mobile version