Site icon Crónica3.com A Mariña

O IES Monte Castelo inaugura un curso vinculado coa divulgación científica

4Burela, 3 de xullo de 2013. O IES Monte Castelo, en colaboración coa Universidade da Coruña e co Concello de Burela, organizou un curso de verán vinculado coa divulgación da ciencia. Denomínase Facendo a ciencia accesible a través da divulgación e foi inaugurado esta mañá no salón de plenos.

O alcalde de Burela, José María González Barcia, entende que “esta actividade é importante porque demostra a inquietude e a capacidade de posta ó día que teñen os docentes tanto de Burela como da comarca no seu conxunto. Tamén é moi bo transmitirlle á sociedade en xeral, e sobre todo ós pais e nais do alumnado, que o profesorado está en permanente proceso de actualización para transmitir máis e mellores coñecementos ós seus alumnos”.

González Barcia destaca a “directa implicación dos docentes na mellora da educación do seu alumnado, é dicir, na mellora da educación e da formación das persoas que nuns anos serán as que tomen decisións, serán as que porán en marcha empresas ou terán que rexer os destinos dos concellos. En definitiva, das novas xeracións, das xeracións futuras”.

Para o rexedor “é unha satisfacción que desde o IES Monte Castelo se teña escollido á Casa do Concello e a Casa da Cultura para levar adiante esta actividade. E brindamos a nosa colaboración, como temos feito ata o de agora, tanto a este centro como a calquera outro, dentro do marxe das nosas posibilidades, para poder seguir facendo actividades deste tipo que melloran a formación do profesorado e que repercuten de forma directa e moi positivamente na formación da nosa xuventude e da nosa infancia”.

Exit mobile version