Site icon Crónica3.com A Mariña

O necio mira o dedo

Cando o sabio sinala a lúa, o necio fíxase no dedo. E, lamentablemente, este pais está chea de necios. Ante problemas gravísimos, a sociedade quédase extasiada mirando vacuidades. Como auténticos necios. vimos como, coa escusa da crise, moita xente perdeu o seu emprego, outros foron desafiuzados, pecháronse servizos esenciais básicos.

Os centros de servizos sociais están baixo mínimos. A educación é catastrófica. Temos unha casta política infame, plagada de corruptos, ineptos e demais chupópteros. A Casa Real é un vivero de escándalos. O Poder Xudicial non queda exento de vergonzosas actuacións. Os bancos, auténticos culpables desta crise, vanse de rositas, mentres llos rescata co diñeiro de todos.

Que máis debe ocorrer para que a situación cambie? Somos un pobo afeito a protestar pero non reclamamos. Moito ruído e poucas noces. Pensamos realmente que coas diferentes marchas de cores imos cambiar algo? chegamos a un punto no que ata o Presidente do Goberno le a resposta ante unha pregunta pactada nunha roda de prensa, para evitar dar explicacións sobre un feito moi comprometedor. consentimos que estes políticos, e non me refiro só aos que gobernan agora, senón a todos, sigan campando ás súas anchas, lucrándose, roubando, e sen resolver ningún problema dos cidadáns. Só perpetuándose no poder. No fondo temos o que nos merecemos.

Recórdame á magnífica novela de Aldous Huxley “Un mundo feliz” na que o Estado proporciona aos cidadáns “soma”, unha droga que consumen cando están tristes ou deprimidos para curar así as súas penas. Ignoro que “soma” está distribuíndo o Estado nesta sociedade nosa na que, ante os acontecementos que nos rodean, todo o mundo parece feliz, ducias de mortos en Santiago e todos contentos e felices por o ben que o fixemos, pero existe un culpable ou culpables e nadie di nada, nadie da explicacions. É preocupante ver a apatía dos cidadáns. Non estou chamando á revolución, que sempre implica derramamiento inocente de sangue, pero si a espertar as conciencias. É intolerable que haxa xente sen fogar, que haxa un 25% de persoas que estean buscando traballo e non o atopen, que os avós teñan que coidar aos netos e ¡ata alimentar aos fillos! A lista de despropósitos sería interminable. Ata cando imos soportar isto? Que máis fai falta para que revirtamos a situación? Ninguén se deu conta aínda de que somos os cidadáns quen podemos cambiala? Somos os donos dos nosos destinos. Non o tiren polo retrete.

Otero Regal.

Exit mobile version