Site icon Crónica3.com A Mariña

O pianista Emili Brugalla, do Trío Kandinsky, dará un concerto gratuíto en Ribadeo

trio_kandinsky_09O pianista catalán Emili Brugalla, integrante do “Trío Kandinsky”, ofrecerá un concerto gratuíto o martes 23 ás 21.00h na tenda de música Vírgula (Rúa Enxeñeiro Schultz, nº2. Ribadeo). A entrada é libre, con aportacións voluntarias para o proxecto social “O Formigueiro”. O programa do concerto titúlase Arabesc “La huella de Al-Andalus en el piano moderno”, e recolle música de Mompou, Debussy, Guinjoan, Granados, Falla…

O proxecto social “O Formigueiro” recibirá un novo empuxe grazas á colaboración desinteresada do famoso pianista Emili Brugalla, que está a pasar uns días de lecer pola zona de Ribadeo. O músico celebrará un concerto gratuíto, cun programa titulado Arabesc “La huella de Al-Andalus en el piano moderno”, que recolle música de Mompou, Debussy, Guinjoan, Granados, Falla… O obxectivo deste concerto é recaudar fondos para o financiamento dos diferentes proxectos que está levando a cabo “O Formigueiro”.

Entre estes proxectos atópase o arranque e mantemento dunha explotación hortícola para o autoconsumo que se leva a cabo grazas á cesión, tamén de xeito desinteresado, dunha casa e varias fincas por parte dunha veciña de Vilaselán. “O Formigueiro” creará tamén un roupeiro con taller de costura, un espazo-biblioteca para o intercambio de libros de texto e un banco do tempo.

“O Formigueiro” é un proxecto de cooperación social, que naceu a finais de 2012 impulsado pola asamblea de desempregadas/os no marco do Ribadeo solidario. Esta iniciativa busca cambiar a realidade dende abaixo con base na confianza, o respeto e o apoio mutuo. Está aberta á participación de todas as persoas.

Exit mobile version