Mondoñedo 13 de xullo de 2013.- Trala exitosa xuntanza mantida o venres cos veciños de Sasdónigas, a presidenta do PP de Mondoñedo anunciou que o seu partido levara á vindeira sesión plenaria unha moción instando ao rexedor, a que arranxe os problemas para que o saneamento de Sasdónigas funcione.
Elena Candia lembrou que esta obra foi posta en marcha ao abeiro do coñecido plan E, polo ano 2009-2010, e nunca chegou a funcionar, polo que o seu partido en varias sesións plenarias, formulou ao equipo de goberno varias preguntas, instando a que se correxiran as deficiencias, pero sen acadar ningún éxito ata a data.
A popular afirmou que os veciños que acudiron a xuntanza insistiron do desatino da execución de obra e pediron colaboración aos populares para que se instara ao equipo de goberno a arranxar os problemas para que o saneamento de Sasdónigas funcione e trasladáronlle á popular que fixeron instancias persoalmente ao concello, tales como solicitar a alta do servizo, pero ata a data o equipo non foi quen de solventar estos problemas.
“A situación non pode quedar así. Algúns dos veciños, en ton sarcástico afirmaron que técnicos vixían o avance do contador da luz e sorpréndense que nunca anda” afirmou a popular, quen di que o contador non anda porque non funciona o servizo.
A popular criticou que esta obra, tal coma a do entorno do seminario, é un exemplo máis, dunha construción da que non se vixiou a execución da mesma e onde os resultados con deficiencias reflicten un resultado pésimo, con diñeiro público gastado e cunha obra que non vale para nada.
Elena Candia pediu que se adopten as medidas necesarias para que de xeito urxente, esta obra pública, financiada con diñeiro publico funcione e afirmou que se sumamos estas deficiencias con outras das obras (por exemplo a do entorno do seminario) vemos que estamos ante moitos cartos mal invertidos e non xestionados e pediu que alguén aclare o acontecido.