Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Mondoñedo agarda que o equipo de goberno cumpra o seu compromiso e se aprobe provisionalmente o PXOM no Pleno extraordinario de agosto

Mondoñedo, 20 de xullo de 2013.- A sesión da comisión de asuntos do pleno que se celebrará o próximo 23 de xullo no Concello de Mondoñedo celebrouse na tarde deste venres 19 de xullo para informar da proposta que se leva a pleno a aprobación inicial da modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento de Mondoñedo en Arco, parroquia de Masma.

Ante este asunto os populares insisten na importancia de continuar coa tramitación do PXOM mindoniense, dada a inexplicable paralización na que se encontra e a cantidade de diñeiro publico invertido na súa tramitación, ó que hai que engadir a enorme inseguridade xurídica que existe en determinados trámites urbanísticos.

O Plan xeral de Ordenación Municipal é un instrumento necesario, e neste momento, os populares consideran que “debemos colaborar para que os trámites se axilicen e teñamos canto antes un documento sobre o que traballar e informar ós veciños”.

SUSPENSO
O Partido Popular mindoniense considera que o equipo de goberno suspende na tramitación do plan xeral, e “aínda que sempre recorren ó pasado para xustificar os seus erros, Mondoñedo non pode esquecer o remate da lexislatura popular cando gobernou 12 dos últimos 20 anos”. Ademais, Candia engade que “hoxe, tendo en conta os problemas que teñen os mindonienses na tramitación das súas solicitudes urbanísticas, o plan xeral é unha necesidade máis ca nunca”.

“Pero máis inconcibible resulta a falta de palabra do señor alcalde e do equipo de goberno, toda vez que no verán do 2011 se convoca ó grupo do Partido Popular de Mondoñedo para informalo e advertilo da próxima aprobación provisional do PXOM cando dous anos despois aínda non se produciu. Iso significa falta de planificación, pouco traballo, e probablemente pouca vontade”, manifesta a voceira popular de Mondoñedo.

INCUMPRIMENTOS
A propia administración local non cumpre os trámites, de feito nos pasados días denunciamos obras sen as correspondentes autorizacións administrativas en materia urbanística.

TRABALLO CONXUNTO
Os populares fixeron todas as xestións oportunas coa administración autonómica para que colaborara co Concello de Mondoñedo e axudara na súa tramitación. Proba diso é a colaboración recibida por parte da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, á que dende o PP local agradecemos a súa axuda e a materialización pola súa parte do principio de coordinación e cooperación entre todas as administracións, que son indispensables.

Exit mobile version