Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Viveiro presenta rogos no Concello para a correción de deficiencias perigosas para os viandantes

Celestino García Paz, en representación do Grupo Municipal Popular de Viveiro, realiza ó Alcalde da Corporación os seguintes rogos, co obxecto de que se subsanen as deficiencias sinaladas coa maior prontitude posible:

1. Na pasarela que hai por detrás da Casa de Calvo Sotelo, xunto ós restos da antiga Muralla, algunhas das tablas están soltas, o que dificulta e fai perigoso o camiñar por ela. O que poño no seu coñecemento para a súa subsanación.

2. Existen numerosas losetas soltas e rotas no Paseo Marítimo de Covas en diferentes zonas (por exemplo á altura do Estadio de Cantarrana, fronte ó parque Pernas Peón …) o que resulta perigoso para os viandantes e nenos que xogan nas súas inmediacións. Polo que solicito a súa reparación.

3. Hai algunha loseta en mal estado na acera en Cantarrana, á altura do antigo restaurante Cantarrana, próxima ó Centro Médico As Pías e na que se tropeza moi fácilmente, co conseguinte risco de caída. O cal informo para a súa correción.

4. Losetas soltas na saída do garaxe do edificio Parquemar 1 fronte á rúa Vila de Ortigueira, así como a entrada ó aparcamento do Campo da Festa desde a rúa Suasbarras en Covas con losetas rotas, o que resulta perigoso cando se camiña sobre elas. Sendo necesaria a súa inmediata reparación.

5. O semáforo que está fronte ó edificio da Cruz Vermella na Ponte da Misericordia, leva días sen funcionar, co conseguinte perigo que entraña á hora de cruzar os peóns polo paso de cebra. O que comunico para a súa subsanación.

6. Na rúa Lodeiro, entre os edificios nº 18 e 26, a finca ten abundante maleza, hai desperdicios acumulados e a presenza de ratas, o que provoca as protestas de veciños e usuarios do lugar, motivo polo cal se debería de notificar ós donos a súa limpeza e adecentamento.

Exit mobile version