Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP destaca que o novo acordo de pesca con Marrocos permite a incorporación de modalidades excluídas ata o de agora

O portavoz de Pesca do GPP, Joaquín García Díez, manifestou este mércores 24 de xullo a súa satisfacción trala sinatura dun novo acordo de pesca entre a UE e o Reino de Marrocos.

García Díez recordou que a sinatura deste acordo foi unha prioridade do Goberno dende o minuto un da súa toma de posesión e neste sentido subliñou que Rajoy xa falou del no Debate de Investidura e que xa na súa primeira viaxe oficial a Marrocos se puxo de manifesto que este era un dos compromisos irrenunciables do Goberno de España.

Para os populares, é importante destacar que mentres o ministro Miguel Arias Cañete tivo este tema na súa axenda dende que se fixo cargo do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, o Goberno anterior fixo gala dunha gran pasividade neste asunto. Basta recordar que despois dun ano de prórroga trala finalización do acordo vixente, o Goberno socialista de Zapatero no presentara nas instancias comunitarias a solicitude para que a Comisión europea obtivera un mandato de negociación para a sinatura dun novo tratado.

García Díez entende que esta sinatura significa o reflexo do esforzo do ministro Arias Cañete, que xa na súa primeira viaxe a Bruxelas, no seu encontro coa comisaria Damanaki, presentou esta solicitude e lle manifestou o interese de España porque se negociara un novo acordo.

O GPP agradece o traballo do Goberno en apoio ó sector pesqueiro xa que, segundo asegura García Díez, “o acordo firmado permitirá que a flota española volva de novo ó caladoiro marroquí”.

Para o portavoz popular de Pesca no Congreso dos Deputados, “fronte ó escurantismo que rodeou á negociación do Protocolo alcanzado en 2007 polo Goberno socialista, nesta ocasión, o Goberno do PP, e así o recoñeceu o sector pesqueiro, levouse a cabo todo o proceso de negociación da man do sector e con total transparencia”.

García Díez afirma que as consecuencias de asinar o tratado de 2007 de costas ó sector, sen ter en conta os informes científicos das campañas realizadas entonces para coñecer o estado dos recursos, foron catastróficas para os pescadores españois, xa que se incorporaron modalidades de pesca de pouco interese comercial e polo tanto o acordo supuxo unha baixa rendibilidade para a flota española.
Os populares sosteñen, ademais, que o acordo de 2007 “supuxo un lastre que dificultou as negociacións que hoxe, por fin, se pecharon”.

O novo acordo de Pesca entre a UE e o Reino de Marrocos supón, entre outras melloras, a posibilidade de que parte da flota que estaba paralizada como consecuencia da exclusión dos cefalopodeoros do acordo con Mauritania, podan incorporarse ó caladoiro marroquí dentro da categoría 4, de arrastre de fondo, algo que non se contemplaba no acordo anterior. “Isto supón unha mellora que estou convencido resultará positiva para varios barcos de Galicia, algúns dos cales están faenando actualmente en augas de Portugal”, dixo García Díez.

O portavoz popular de Pesca fixo un chamamento ó sector para que a pesar das dificultades se animen a utilizar estas posibilidades para mellorar progresivamente a súa utilización, xa que do contrario resultará difícil seguir incorporándoas no futuro.

“Fronte á política de moitas fotos e escasa rendibilidade do acordo de 2007, o Goberno do PP, cun traballo serio e tendo en conta ó sector, logrou importantes melloras das que se beneficiarán un centenar de barcos españois”, dixo García Díez.

Exit mobile version