INCUMPRE A ORDENANZA
Desde o PP sinalan que si lle consta a solicitude da autorización por parte desta concelleira pero, alertan que esta non puido outorgarse, xa que a instalación da terraza incumpre os requisitos establecidos na ordenanza municipal aplicable.
Máis polo miúdo, os populares explican que todos aqueles locais hostaleiros, cafeterías, etc… que desexen instalar unha terraza nun espazo público que ocupe unha zona de aparcamento, como é o caso, non só deben facelo sobre unha tarima que iguale esa instalación á altura das beirarúas, senón tamén delimitar o espazo coas medidas de protección que eviten calquera tipo de risco para clientes, viandantes e vehículos. A terraza da tenente de alcalde nin dispón de elementos de barreira, nin da tarima.
POR RIBA DO BEN E DO MAL
Para os populares resulta moi grave que María José Fernández non respecte as ordenanzas municipais e demais obrigas que o Concello e o seu Equipo de Goberno si impón ao resto dos veciños e locais hostaleiros do municipio. Os populares están convencidos de que esta concelleira “se cre por riba do ben e do mal, e fai as cousas ao seu antollo, sen respectar as obrigas legais”
Desde o Partido Popular esixen que se sancione á tenente de alcalde e que esta asuma as responsabilidades políticas dos seus acutos e sinalan o seu profundo malestar e desprestixio que esta situación provoca para o propio Concello, ao ter á súa tenente de alcalde que non cumpre coa lexislación como debera
Os populares lembran que a ordenanza reguladora da instalación de terrazas de hostalería ten por obxecto garantir unha utilización racional e ordenada do espacio público, garantindo a correcta circulación peonil e respectando os dereitos e bens tanto dos usuarios como das persoas e actividades afectadas.