Site icon Crónica3.com A Mariña

Os populares denuncian que a Deputación de Lugo conceda outros 20.000 a unha fundación vinculada ao BNG a través dunha subvención directa e extraordinaria

Lugo, 29 de xullo de 2013.- Os populares lucenses denunciaron este luns que a Xunta de Goberno da Deputación provincial de Lugo -integrada por deputados socialistas e nacionalistas- decidiu conceder esta anualidade unha nova subvención directa e extraordinaria a unha fundación vinculada ao BNG, neste caso por un importe de 20.000 euros.

Deste xeito, os socios de goberno de Gómez Besteiro continúan a favorecer descaradamente co diñeiro público de todos lucenses a colectivos nacionalistas e fano a través dun procedemento extraordinario, que por non ser de libre concorrencia impide acceder á mesma axuda a outros colectivos asociativos da provincia.

Así, na Xunta de Goberno celebrada este luns acordase por unanimidade conceder a cantidade de 20.000 euros á Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalista para un arquivo cultural e social na rede, para dixitalizar os contidos non accesibles por outros medios. Os populares non entenden o destino desta contía destinada a creación dunha aplicación de xestión documentación, que permita entre outros, a dixitalización de documentos e fotografías.

Os populares lembran que este colectivo favorecido con diñeiro público por socialistas a nacionalistas foi constituído no ano 2004 a iniciativa da Unión do Povo Galego (UPG) formación política hexemónica e que na actualidade controla ao Bloque Nacionalista Galego.

Reiteración de axudas ao mesmo colectivo
Os populares explican que en menos dun ano, á Fundación Bautista Álvarez aprobóuselle a concesión dun total de 50.000 euros. Así, lembran que en Xunta de Goberno de 21 de setembro de 2012, esta colectivo xa se vira beneficiado por un subvención de importe de 30.000 euros baixo co obxecto de “colaborar no financiamento dos gastos de funcionamento do estudo sobre o movemento estudantil galego”.

Abuso das subvención directas excepcionais
Os populares lucenses denunciaron en reiteradas ocasións que o Goberno bipartito da Deputación provincial abusa de xeito habitual e reiterado deste procedemento de concesión de subvencións directas.

Curiosamente a normativa vixente en materia de subvencións di que o procedemento de concesión directa, por limitar o principios de publicidade e concorrencia, deberá ter un carácter excepcional e, en todo caso será aplicable cando se acrediten razóns de interese público, social, económico ou humanitario, ou outras debidamente xustificadas que dificulten a súa convocatoria pública. Só unha interpretación partidista e nesgada desta normativa permitiría deducir que, neste caso concreto, estas causas concorren para autorizar á fundación próxima ao BNG a recibir estas axudas.

Así, os populares matizan que xa existen informes de intervención nos que se amosan que na concesión dalgunha subvención directa non está xustificado o carácter excepcional da mesma.

Exit mobile version