Site icon Crónica3.com A Mariña

Os Sendeiros fixeron a ruta do Cares

sendeiros-caresOs Sendeiros de Foz achegáronse nesta ocasión a terras de
Castela e León para realizar a ruta do Cares. A viaxe comezou o sábado 27 para chegar a Cistierna nesa mesma noite. Así, comezaron a ruta en Posada de Valdeón o domingo pola mañá. Os 39 sendeiristas pasaron pola aldea de Caín, onde aproveitaron para repoñer forzas, para chegar a Poncebos, no Principado de Asturias, 21 quilómetros máis tarde. O grupo destacou o bo tempo que os acompañou e as espectaculares vistas das que desfrutaron. Despois do xantar, partiron cara a Ribadesella onde pasaron preto de 2 horas antes de volver a Foz.

Exit mobile version