Site icon Crónica3.com A Mariña

Outro médico menos

Carlos Fernández Louzao.- Como xa saberán, ruxe ruxe fixeronse certos: Xove vai quedar cun médico menos.

O criterio que seguen na Xunta e apoian no Concello en Xove e 1500 doentes por médico, que é o que din na Organización Mundial da Saúde, pero eu estou seguro que para sacar ese ratio, non tiveron en conta a dispersión nin o envellecemento da poboación de Xove. Non se pode discutir que se un médico ten que desprazarse a un domicilio faceralle falla máis tempo para facer a consulta, e tampouco se pode discutir que unha persoa de 20 anos vai menos ó médico ca unha de 70 anos. Acaso na Xunta non pensaron nisto? Pois claro que si! Pero so pensan en aforrar ó coste que sexa e basearanse nos 1500 doentes por médico, sen ter en conta nada máis. E que consecuencias traerá isto? Que as listas de espera se alonguen, que se teña que agardar catro, cinco, seis ou sete días para unha consulta.

En Cervo quedaron con 1223 doentes por médico, aquí en Xove con 1412 (case o tope, 1500); en Cervo dicína que so había un 21% de maiores de 65 anos, en Xove hai un 30%; en Cervo dixeron que a dispersión da poboación é pequeña, que hai 55 habitantes por quilómetro cadrado, en Xove hai 39. Todos os datos póñennos moito peor ca no Concello de Cervo e o alcalde apoiou as reivindicación do pobo, pola contra, en Xove, o noso alcalde Demetrio Salgueiro di que se iso é o que din no Sergas e na Xunta, que se o fan asi para todos, haberá que acatar o que digan.

Un alcalde ten que velar polos intereses da súa xente, non polos do partido ó que pertence, en un caso tan grave coma quedar cun médico menos, debería tirar para adiante e traballar polos seus, por Xove, enfrontándose con quen se lle poña diante.

Acórdense, 1500 doentes por médico é unha cifra moi relativa, depende moito do envellecemento e da dispersión.

Carlos do Cristo.

Exit mobile version