O colectivo Pensamento e Sementeira continúa coas actividades para reclamar o carril-bici en Viveiro. Este venres 19 de xullo, contra as oito da tarde, convocan un paseo en bici polo Souto da Retorta. O punto de saída será diante das antigas fábricas de Chavín. Ó seu remate, ó pé d’O Avó, haberá unha actuación sorpresa.