Paula amosouse moi ilusionada coa súa continuidade na estrutura burelista. Aos seus 17 anos, a mariñá aspira a “seguir mellorando, axudar o equipo e poder gozar, pouco a pouco, de máis minutos e se pode ser tamén de goles”.
Para a pequena xoia do vestiario laranxa, 2013-14 promete como “a liga do orgullo galego”: “Será unha tempada con moita rivalidade, repleta de derbis, con cinco equipos galegos. Serán encontros nos que o xogo gañará en riqueza e teremos máis desprazamentos curtos, con menos desgaste”, explicaba Paula.