Site icon Crónica3.com A Mariña

Peregrinación de Trasbar a Sargadelos

trasbar-sargadelosUn ano máis a Asociación do Burgo de Trasbar organizou a peregrinación ao Santiago de Sargadelos. Un grupo de 24 persoas sairon camiñando dende o local social de Trasbar ata Sargadelos, aquí colaboraron na elaboración dunha alfombra floral na cal plasmaron un lazo negro en recordo ás vítimas do accidente de tren de Santiago. Despois da misa, peregrinos e outros socios reuníronse para xantar e pasar a tarde todos xuntos. Ás 20 horas fíxose un minuto de silencio polos falecidos no tren en Santiago.

Exit mobile version