Site icon Crónica3.com A Mariña

Preto de 30 familias ribadenses se beneficiaron do banco de libros de texto aforrando un total de 6.000 euros

Ribadeo, 30 de xullo de 2013. Preto dunha trintena de familias ribadenses se beneficiaron do banco de libros de texto, que un ano máis puxo en marcha a Concellaría de Servizos Sociais. Segundo explica Teresa González Piñeiroa “pechouse o proceso que iniciamos hai xa semanas coa entrega dos libros a todas as familias que os solicitaron”. A edil nacionalista subliña que “o aforro que lles supuxo esta iniciativa aos beneficiarios sitúase nuns 6.000 euros en total”.

Nas dependencias da Concellaría de Servizos Sociais de Ribadeo, no auditorio municipal, “quedan aínda lotes completos de libros de 3º de primaria, e tamén libros de 4º, 5º e 6º de primaria para os alumnos e alumnas do CEIP Gregorio Sanz. Todas aquelas familias que poidan estar interesadas en facerse con estes libros poden achegarse ata mediados de agosto aos Servizos Sociais municipais”, segundo relatou esta mañá Teresa González Piñeiroa.

A concelleira de Servizos Sociais tivo palabras de agradecemento “para a sociedade de Ribadeo pola súa colaboración. Houbo familias que fixeron doazóns dun xeito totalmente altruísta porque entregaron os libros dos seus fillos e fillas e non solicitaron exemplares para eles, ben porque non os necesitaban ou ben porque amañaron doutro xeito”.

Exit mobile version