O auditorio de Mondoñedo, ateigado de xente, foi o escenario deste primeiro encontro entre a Banda Pascual Veiga de Mondoñedo e Banda Municipal de Musica de Ribadeo, no que participaron 45 músicos. No repertorio soaron pezas como Pavanne, Un poco loco, No lo olvido ou Gladiator ademais da Alborada.
A idea deste concerto conxunto xurdiu da man de Ruben Solloso, director da Banda Pascual Veiga de Mondoñedo , xa que é docente nas dúas bandas de música. “Eu prantexei esta posibilidade e vin que os músicos estaban encantados coa idea do concerto, por iso xunto co traballo de David Ballester, director da banda de Ribadeo, decidimos levalo adiante”, sinala Solloso. “Para os músicos é foi moi importante porque poden saír un pouco da rutina”, explica.
Ruben Solloso cualificou esta experiencia como “fructífera, productiva e moi positiva”. Un encontro que seguro terá futuras edicións.
Subliña ademais que foi moi especial para a toda a banda “tocar a Alborada de Pascual Veiga en Mondoñedo, a nosa banda leva o seu nome, e para nosoutros é un orgullo , por iso con esta peza quixemos facerlle a nosa pequena homenaxe”, resumiu.