Site icon Crónica3.com A Mariña

Merluza estilo Las Catedrales, no restaurante San Miguel

Foto merluza Las Catedrales 1O restaurante San Miguel, situado no porto deportivo de Ribadeo, incluiu na súa carta de verán un plato denominado Merluza, estilo Las Catedrales, dedicado á famosa praia ribadense, que é o principal atractivo turístico do municipio e que recibe a miles de visitantes durante todo o ano. O xerente e cociñeiro do restaurante San Miguel, José Ramón Rodríguez, destacou que todos os ingredientes deste plato “son productos da zona, desde a merluza ata o jamón, os grelos, as patacas e o allo”. Ademais, preséntase cunha forma inspirada nos arcos que hai no coñecido areal. Na nova carta, elaborada para a tempada de verán, inclúense tamén outros pratos, coma o carpaccio de bonito de Burela, rape con ameixas á sartén, calamares da ría na súa tinta ou segredo de porco ibérico. Durante a época estival, o restaurante San Miguel ten aberta tamén a súa tasca con terraza que está na primeira planta do edificio, ademais do comedor principal, situado na segunda.

Exit mobile version