Site icon Crónica3.com A Mariña

Recibindo o verán na Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña

PENTAX DIGITAL CAMERAUn ano máis no período estival chegan as tan merecidas vacacións para os usuarios da Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña. Chegou o momento de gozar da praia, o verán, pero antes quixeron compartir unha xornada de convivencia, o día 31 de xullo, onde empezaron a mañá realizando xogos populares no C.R.P.L. de Burela para logo dar paso a unha gran comida no restaurante Nordés. A próxima cita será no mercado medieval de Mondoñedo, os días 10 e 11 de agosto, onde a entidade colocará un posto cos traballos realizados polos usuarios nos distintos talleres ocupacionais.

Exit mobile version