Site icon Crónica3.com A Mariña

Rematan os traballos de desbroce realizados por Fomento nas raquetas de entrada e saída a Burela desde a variante

Burela, 15 de xullo de 2013. O Concello agradece as labores de desbroce e limpeza realizadas polo Ministerio de Fomento nas raquetas de entrada e saída a Burela desde a variante.

O edil de Obras, Manuel Fernández Valle, sinalou que “as labores que fixeron nas últimas semanas pódense apreciar con facilidade. Os traballos eran moi necesarios e facilmente constatables desde hai uns días”.

O concelleiro popular engadiu que “sempre que solicitamos a colaboración e axuda do Ministerio de Fomento en Burela as nosas peticións son atendidas con grande celeridade e eficacia” e lembrou as tarefas de asfaltado realizadas hai uns meses na vía de servizo da variante burelesa.

Exit mobile version