Site icon Crónica3.com A Mariña

Renda, novo adestrador do equipo laurentino de 1ª Autonómica

renda_lourenzaJuan Álvarez Renda é o elixido. No día de onte foi presentado nas oficinas do club e a partir deste momento traballa coa secretaría técnica preparando unha pretemporada que comezará a finais de xullo.

Renda é todo un histórico dos banquiños lucenses. Nas últimas temporadas militou no Lugo Xuvenil de División de Honra, Comercial xuvenil, Selección sub-17 provincial e anteriormente estivo no histórico Mindoniense (3ª división), Burela, Alfoz e Chantada (Preferente) así como Milagrosa, S. Lázaro e Taboada (Primeira). Ademais, estivo como profesor na Escola de Adestradores de Lugo durante 10 anos.

Renda, no día de onte, agradeceu que o club apostará por el e mostrouse
sorprendido de que o 80% do equipo esté formado por xogadores laurentinos, polo que seguirá traballando para dar tamén máis oportunidades a rapaces que estén incluso en idade xuvenil.

Exit mobile version