Site icon Crónica3.com A Mariña

Reunión cos veciños de Fazouro

O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, e outros membros do goberno municipal reuniranse cos veciños de Fazouro o vindeiro martes, día 30 de xullo. O encontro será na antiga escola da parroquia ás oito da tarde. Este acto forma parte do ciclo de xuntanzas que está realizando o rexedor focense, acompañado por outros concelleiros do goberno local, nas diferentes parroquias do municipio para falar das necesidades de cada unha delas, das melloras que realizadas e das que está previsto levar a cabo.

Exit mobile version