Site icon Crónica3.com A Mariña

San Cibrao prepárase para ofrecer unha xornada cargada de actividade no XXXII Día do Turista

Cervo, 30 de xullo de 2013-O Concello de Cervo e o Centro de Iniciativas Turísticas presentaron hoxe o cartel e o programa do XXXII Día do Turista que terá lugar o sábado día 3 de agosto. Un acto no que estiveron presentes a edil da área, Begoña Alonso e a presidenta do CIT, María Jesús Álvarez.

Unha cita estival que organiza o CIT e coa que colabora a administración cervense achegando uns 1.300 euros de axuda económica así como apoio técnico e humano. A xornada festiva inclúe numerosos actos lúdicos para diferentes públicos que se desenvolverán dende a mañá ata a noite.

En concreto, o programa arrincará ás 10:00 horas co chupinazo. Media hora despois o Grupo de Gaitas “Os Farallóns” comezará a animar as rúas da vila. Ás 11:00 horas dará comezo o terceiro mercado de obxectos de segunda man e artesanía na praza dos Campos.

As actividades continuarán pola tarde, a partir das 17:30 horas, co taller de artesanía do vimbio. Ao mesmo tempo, a partir das 18:00 horas, ofrecerase unha degustación de bolos preñados e empanada. Ademais este ano haberá un espectáculo e obradoiro de pompas de xabón dirixido especialmente aos nenos e nenas que arrincará ás 18:30 horas. Non faltará o Antroido de Verán, que organiza a ACIA de San Cibrao e que comezará ás 21:00 horas.

Begoña Alonso destaca que o Día do Turista é un evento cunha longa traxectoria en San Ciprián e que ten o obxectivo de “homenajear y ofrecer a nuestros visitantes una jornada completa cargada de actos festivos como una forma de mostrarles nuestra atención y de invitarlos a volver el año que viene”. A edil de Turismo asegura que dende o Concello de Cervo “colaboramos con esta fiesta teniendo en cuenta nuestro potencial y nuestras posibilidades de atracción turística”. De feito, tal e como lembra Alonso, “esta fiesta es también un apoyo a las empresas y comercios vinculados al sector turístico”. A edil remata convidando tanto a visitantes e turistas como a veciños “a salir a la calle y a participar en el programa para mostrar un San Ciprián vivo y activo”.

Exit mobile version