Site icon Crónica3.com A Mariña

‘Separemos ben, reciclaremos mellor’ en Foz

O 2 de agosto, venres, realizarase en Foz unha campaña de concienciación medioambiental sobre os residuos denominada “Separemos ben, reciclaremos mellor”, promovida pola Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, e a empresa pública autonómica SOGAMA coa colaboración do Concello focense. A actividade terá lugar de 12:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:00 horas no Paseo Colón, onde “haberá un vehículo adaptado para proporcionar información por parte de monitores a todo aquel que se achegue e unha carpa que albergará xogos para nenos e nenas”, segundo anuncia hoxe o Concello de Foz.

Exit mobile version