Site icon Crónica3.com A Mariña

Taller de técnicas de estudo en Barreiros

O Concello de Barreiros organiza, dende o 29 de xullo ata o 9 de agosto, un taller de técnicas de estudo destinado a alumnos e alumnas de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO). O departamento de Servizos Sociais barreirense organiza esta actividade no Centro Sociocultural Xuvenil e da Terceira Idade Manuel Díaz Sampedro. O mesmo terá lugar de luns a venres, en horario de 10:00 a 12:00 horas da mañá. O único requisito para asistir será inscribirse o mesmo día do comezo da actividade, coa necesaria autorización do pai, nai, titor/a ou representante legal.

Exit mobile version