Site icon Crónica3.com A Mariña

Todo listo para ‘Ribadeo aberto, paseo entre desexos’ que se celebra este venres 5 de xullo coa participación de preto de 50 establecementos

image001Ribadeo, 4 de xullo de 2013. Todo está listo para a celebración mañá, 5 de xullo, do Ribadeo aberto, paseo entre desexos. Nas actividades participarán preto de 50 establecementos, que abrirán ata as doce da noite e ofrecerán descontos, promocións, regalos, sorteos e sorpresas. Ademais haberá actuacións musicais e un desfile de moda na rúa Reinante.

Os actos empezarán ás sete e media da tarde cunha exhibición dos Cocos no parque de San Francisco e no Cantón dos Moreno. Ás oito da tarde empezará o desfile de moda, que se celebrará na rúa Reinante coa colaboración de Saia, Anais, Siete Pecados, Mika, Petite Toe, Chocolate Chus, Lencería Julia, Farfala, Petite Poupée, A Flote, Bora Bora, Imagen 365, Eurekakids, Glass e Opticalia. Será presentado polo locutor radiofónico da Cadena Ser e speaker do Breogán de Lugo José Areñas. Ás nove desfilarán os Cocos polas rúas e as dez da noite haberá unha actuación do grupo de danza Rúa San Roque no Cine Teatro para rematar cun pasatendas a cargo dos grupos musicais Illa Pancha, Amigos da Gaita e Batukada Zumballe. Ademáis durante a tarde haberá tamén un mercado aberto nas galerías da rúa San Francisco.

Os establecementos que ofrecerán promocións, descontos, regalos, sorteos e sorpresas para os clientes son A Flote, Anais, Bar Queimada, Bodegas Ribeirao, Bora Bora, Botana, Chocolate Chus, David Oroza, Deportes O´Neal, D Complearte, Dúo Visión, Eurerakids, Farfala, Global Óptica-Opticalia, La Floristería, Foto Miguel, Gráficas Santiago-A Casa das Letras, Güendolina, Hola Ola Surf y Street Shop, Joyería Azabache, Joyería Cristal, Joyería Modesto G, Joyería Ventura, Imagen 365, La Moda Sport, Lencería Julia, Menos Lobos, Mercería Vizcaya, Miss-Tic, Mika Moda y Complementos, Naná, Petite Toe, Petite Poupée, Saia, Saia Oulet, Servicios Audiovisuales El Farero, Siete Pecados Clothes & Accessories, Torviso, PC Coste Ribadeo, Calzados La Moda, La Moda Básico, Valentina, Otzi e Óptica Miró.

ACISA Ribadeo agradece a colaboración do Concello, da Xunta, dos veciños da rúa Reinante para o desfile sexa posible. “Trátase dunha cita que é froito do esforzo de todos. Traballamos moito para levala adiante e agardamos que guste”. Desde a directiva tamén teñen palabras de agradecemento para María Justo, profesora da Escola de Danza de Ribadeo, “pola súa implicación e o seu traballo”.

ACISA convida “a veciños e visitantes a desfrutar de Ribadeo aberto, paseo entre desexos… que se acheguen ao desfile, que aproveiten as moitas actividades e descontos que van facer as tendas, e que despois tomen uns viños ou unhas cañas por Ribadeo e que tamén aproveiten para saborear a exquisita gastronomía desta zona nos mesóns e restaurantes da vila”.

Exit mobile version