Site icon Crónica3.com A Mariña

Un Memorial moi igualado, con trofeos moi repartidos

alevin-bfs-prensaLuns 8 de xullo. A segunda edición do Torneo Imdecum de Fútbol Sala Base botou o peche na bisbarra mariñá este domingo 7 de xullo, onde brillou a ilusión, a vontade, os méritos e a paixón polo deporte. Preto de 350 promesas futbolísticas homenaxearon o mozo policía burelao Rodrigo Maseda Lozano, nunha cita de calidade, e moi igualada, na que o cadro de honra estivo moi repartido.

Na comarca quedaron os galardóns nas categorías benxamín e cadete, para ADFS A Mariña e CD Burela FS respectivamente. O Troula Betanzos impúxose en alevíns; o histórico Las Rozas Boadilla venceu en infantís e o título de xuvenís foi para o Vilalba FS. A deportividade tamén reinou nesta competición tan especial destacando EDM Cervo (benxamín), ED EON Burela FS (alevín), Guadalajara (infantil), ED Vigo 2015 FS (cadete) e Troula Betanzos (xuvenil).

O pavillón Vista Alegre acolleu a gala de clausura do Memorial Rodrigo Maseda Lozano, que contou coa presenza do tenente de alcalde de Burela, Manuel Fernández Valle; a concelleira de Servizos Sociais, Diana Durán; o edil de Deportes de Foz, Ángel Paleo; Cesarina Fanego e Rubén Blanco, representando a Pescados Rubén como membro do padroado da fundación; os protagonistas do clínic, Sito Rivera e Juanlu Alonso; a directora da Fundación Eu Son, Noelia Eijo; xunto a José Ramón Maseda, pai do homenaxeado, e o presidente e o vicepresidente de Imdecum, Marcelino Luna e Manuel Blanco.

Exit mobile version