Site icon Crónica3.com A Mariña

Unifoz presenta unha moción a favor do acondicionamento dos xardíns da zona da Rapadoira

O grupo municipal Unifoz ven de presentar unha moción mediante a que solicita da Demarcación de Costas, do Ministerio de Medio Ambiente, a realización de obras de acondicionamento con mesas e bancos para que a zona verde colindante coa praia da Rapadoira poda seguir sendo utilizado polos veciños como fixeron dende sempre de forma organizada e con respecto ao entorno.

O portavoz de Unifoz, Jaime Cancio, critica que nesta zona “seguimos vendo un ano máis como a desorganización, e a sen razón son o dominante”.

“Mentres polo día este equipo de goberno non permite que os veciños o podan empregar como zona de descanso e recreo, polas noites séguese mirando para outro lado”, explica.

Así, dende Unifoz entenden que “é este un espazo previliexado, e moi solicitado polos veciños e visitantes para descanso e disfrute do entorno. Ao longo destes últimos anos, puidemos ver como a imposición do equipo de goberno, de non poder utilizar estes espazo, so trouxo consigo que veciños que visitaban Foz, como sitio preferido, resulta que agora acoden a outros lugares, ao mesmo tempo seguimos vendo como algunha persoas seguen utilizando estes espazo sen facer caso as indicacións”, advirten.

Por todo isto, o grupo municipal de Unifoz, presenta esta moción solicitando que o Pleno da corporación municipal aprobe o acordo polo que solicita a realización de obras de acondicionamento na zona.

Exit mobile version