
Preto de 300 persoas acudiron o sábado pola tarde-noite ao V Encontro no Eido Dourado. O artista barreirense Celso Dourado tildou a cita, á que se achegou xente da Mariña e tamén de Asturias, de moi gratificante. “Unha das intervencións que máis gustou foi á da poeta ribadense Silvia Murias, que fixo o seu recital acompañada musicalmente por Héctor Peña”, dixo. No acto tamén se inaugurou unha escultura de Quique Guerra. Os asistentes ao V Encontro no Eido Dourado disfrutaron da voz da cantante francesa de jazz Corali Yap-Chine e da música de Mini e Mero, que ademáis presentaron a bandeira da república galega. As instalacións do Eido Dourado estrean a súa quinta tempada mañá, 2 de xullo. Este espazo adicado ao arte estará aberto durante o verán de martes a domingo en horario de 11:30 a 13:30 horas e de 18 a 21 horas.