Site icon Crónica3.com A Mariña

Val: “Os concelleiros de Foz deben respetar a decisión do 95% da asamblea; do contrario, terán que explicalo”

O secretario xeral do PSdeG de Foz, José Ramón Val Alonso, deixa claro que case o 95% da asamblea local, con 42 votos a favor, 3 abstencións e ningún voto en contra das 45 persoas presentes na votación aprobaron estudar alternativas de goberno no municipio, polo que os socialistas se pronunciaron “por abrumadora maioría”. Val afirma que todos os membros do partido, incluidos “os que agora din opoñerse nos medios”, tiveron “a oportunidade de pronunciarse e votar en contra nos órganos de partido, que é onde hai que pronunciarse, e non o fixeron”, polo que “terán que explicar por que non o fixeron e as razóns polas que prefiren seguir mantendo o PP, que ten o insulto como único argumento, no poder, cunha situación de parálise insoportable para os veciños e veciñas focenses”.

Val Alonso advirte de que “todos os socialistas deben respectar as decisións maioritarias da súa asamblea, sexan ou non cargos públicos, e con máis razón se o son, e do contrario deberán decidir se queren ou non formar parte do partido”. O socialista destaca que o PSdeG é un partido responsable e vivo, con vocación de goberno e de servizo á cidadanía, polo que non pode quedar cos brazos cruzados nunca ante unha situación de desgoberno como a de Foz, porque se debe á xente”. Por tanto, lamenta “que a estas alturas sigan a poñerse en dúbida fórmulas democráticas lexítimas que xurden como posibilidade precisamente dos resultados electorais” e os que o fan “son os que deben explicarlle moi ben á cidadanía cales son as súas razóns para darlle a espalda aos intereses de todos e antepoñer outros” e “por que renuncian a darlle a Foz unha alternativa e un proxecto real de futuro”.

Val esixe unha rectificación pública do alcalde José Ramón Val lamenta asimesmo que “o único argumento do alcalde para defender a súa xestión, que sabe que é inexistente, sexan o insulto e as descalificacións persoais a través dos medios e das redes sociais do PP”, o que demostra “o seu baixo nivel e falta de educación”, que son “precisamente só unha mostra das cualidades que lle fan perder a confianza da xente para gobernar Foz”. O socialista esíxelle “unha rectificación pública” e aconséllalle que “reflexione e faga un pouco de autocrítica do que ten feito estes anos por Foz, que é nada, antes de seguir soltando barbaridades sen sentido”.

Exit mobile version