Site icon Crónica3.com A Mariña

Viveiro acollerá a celebración da IV Festa do Marisco organizada por El Progreso e coa colaboración da Deputación

A Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez, a Tenente de Alcalde de Viveiro, María Loureiro, así como representantes da Xunta e de El Progreso, presentaron este mércores a 4ª edición da Festa do Marisco, que organiza dito grupo de comunicación, en colaboración con institucións e empresarios, no municipio viveirense o 10 de agosto.

O Grupo El Progreso reúne a colaboración das iniciativas pública e privada para organizar esta festa que este ano terá lugar nos xardíns Noriega Varela de Viveiro. O director de comunicación do grupo, José Manuel Pérez-Bouzada, situou o evento coma unha cita «imprescindible» dentro do abanico de actividades estivais que ofrece A Mariña lucense.

Así mesmo, explicou que o seu desenvolvemento sería «impensable» sen o respaldo de institucións coma a Xunta, a Deputación de Lugo e o Concello de Viveiro, así coma da Asociación Centro Comercial Casco Histórico de Viveiro que move a un montón de persoas e negocios, ademáis doutras empresas. Todos permiten ofrecer un producto de calidade a un precio económico.

Pérez Bouzada destacou o esforzo que realiza o Grupo El Progreso para a posta en marcha desta degustación de productos do mar, que converte en polo de atracción ás localidades que a acollen. A fiesta rota polos concellos mariñáns, segundo recordou o director comercial do periódico na Costa, José Manuel González Brais, quen recordou que arrancou en Burela, pasou por Cervo e Foz para recalar en Viveiro.

Pola súa banda, Lara Méndez salientou que “por cuarto ano consecutivo, contribuímos á celebración desta cita gastronómica con 5.000 euros, ó igual que impulsamos outros 30 eventos destas características na provincia, como por exemplo a Festa do Berberecho de Foz, ó tempo que colaboramos con todas as confrarías de pescadores lucenses. Todo isto, dentro da nosa aposta polos produtos autóctonos para xerar riqueza en Lugo. Estamos seguros de que a súa posta en valor crea emprego e dinamiza a nosa economía. Por este motivo, cos fondos europeos que soubemos captar, ofrecemos sen custe algún ós nosos profesionais a marca de calidade Lugo Sabe ou comercializamos os seus produtos, tanto en establecementos como en Internet, a través da 1º plataforma de comercio electrónico que puxemos en marcha na provincia: www.losproductosdelugo.com. Estas iniciativas, como a Festa do Marisco, non só benefician a produtores, senón a hostaleiros ou comerciantes, que ven como se enchen os seus negocios grazas á visita de centos de persoas que non queren perder a oportunidade de probar produtos de auténtica calidade como os lucenses. Sen lugar a dúbidas, os nosos recursos naturais e o medioambiente son a nosa oportunidade económica”.

Nesta 4º edición, os produtos que se poderán degustar son nécoras, berberechos, bois de mar, mexillóns e cigalas. Serviranse cocidos en auga de mar para manter o gusto salgado. O lugar escollido para o desenvolvemento deste festexo, son os xardíns Noriega Varela, onde se poderá degustar marisco de 12:00 a 24:00 horas, sempre que as existencias non se esgoten antes. O prezo do menú é de 20 euros, ou de 18 no caso de mercar o tíquet de xeito anticipado nas oficinas de El Progreso en Lugo, Burela, Ribadeo ou Viveiro. Tamén están a disposición dos interesados nas oficinas de Turismo de Viveiro e no restaurante Palacio de Cristal en Burela. No prezo non se inclúe a bebida.

Aposta
O xefe territorial de Mar en Celeiro, Pablo Fernández Asensio, recalcou a apuesta de facer o evento en diferentes concellos, ademáis de que sexa «unha exaltación de produtos capturados nas rías do norte lugués e por barcos da comunidade galega». Asensio subliñou que se trata de «productos magníficos».

Outro punto a favor da celebración é o seu desenvolvemento en pleno verán, época de festa por excelencia, polo que contribúe á dinamización da hostelería. Por todo iso, Asensio prometeu que o seu departamento manterá a colaboración «segundo as nosas posibilidades».

Excelencias
O portavoz de Mar e secretario da mesa do Parlamento galego, José Manuel Balseiro, aplaudiu a iniciativa por divulgar as excelencias do marisco galego, ademáis de considerar que o da Mariña «é o mellor do mundo enteiro». Para o deputado a xornada está consolidada e é un referente entre mariñáns e visitantes. Tampouco esqueceu o traballo das cofradías e os homes e mulleres que viven de+o mar, porque «o froito do seu traballo é o éxito desta festa», recalcou, antes de animar a continuar coa colaboración que a fai posible.

A primeira teniente de alcalde de Viveiro, María Loureiro, disculpou a ausencia do alcalde «por motivos persoais» e agradeció a elección de Viveiro, que «por un día verá incrementada a variedade da súa oferta hostaleira». Ademáis, animou ós asistentes a disfrutar dos establecementos do municipio antes e despois de participar na Festa do Marisco. Loureiro resaltou que El Progreso vincule os conceptos de ocio, festa, turismo e gastronomía ó nome de Viveiro.

Racións
A venda anticipada de tiques para asistir á cuarta Festa do Marisco está aberta dende este mércores 24 de xullo na oficina de turismo de Viveiro, o restaurante Palacio de Cristal, as delegacións do periódico en Ribadeo, Burela e Viveiro, así como nas oficinas centrais de El Progreso en Lugo. O prezo é de 18 euros se se adquire antes da celebración e de 20 ó comprala o mesmo día. A bebida non está incluída. As racións que se servirán durante a xornada gastronómica serán abundantes: cada unha leva dúas nécoras, catro cigalas, berberechos, mexilós e un boi de Francia.

Pola súa banda, a carpa que se instalará para acoller a degustación da Festa do Marisco ocupará 700 metros cadrados e terá capacidade para que 500 persoas poidan degustar ó mesmo tempo a mariscada.

Edicións anteriores
A Festa do Marisco xurdiu no ano 2010, cando El Progreso propuxo potenciar de xeito conxunto unha xornada gastronómica durante a época estival de carácter rotatorio, é dicir, cada ano a festa ten lugar nun Concello da Mariña, sempre ofrecendo un prezo competitivo de 20 euros para un menú composto, practicamente, por produtos da costa lucense. O éxito deste evento é tal que se repite ano tras ano. Mostra disto, no 2012, en Foz, vendéronse máis de 2.000 racións, o que significa que se comeron unhas 4.000 nécoras ou 8.000 cigalas, entre outros.

Colaboradores
O proxecto volve estar organizado por El Progreso, coa colaboración de institucións e empresas: Deputación de Lugo, Concello de Viveiro, Hotel Palacio de Cristal, Cetárea Burela, Distribuciones Carreiras, Logaidea Comunicación, Xunta de Galicia, Centro Comercial Casco Histórico de Viveiro, Grupo Eijo Canoura, Taller Cillero S.A.L., Villasuso Construcción, C.F.L. Carferlo e a Confradía de Pescadores Santiago Apostolo de Celeiro.

Exit mobile version