Site icon Crónica3.com A Mariña

Xuntanza na Casa da Cultura de Foz sobre a Feira Multisectorial de Mostras e Salón do Automóbil que se celebrará do 22 ó 25 de agosto

Foz, 6 de xullo de 2013. O vindeiro mércores, 10 de xullo, na Casa da Cultura de Foz terá lugar unha reunión informativa sobre a Feira Multisectorial de Mostras e Salón do Automóbil que terá lugar do 22 ao 25 de agosto na explanada portuaria.

Ao encontro están convocados todos os que estean interesados en expoñer, socios, e non socios da Asociación de Comerciantes de Foz, e persoas doutras localidades. Tamén acudirán as firmas que xa están inscritas e que superan o medio centenar. Na xuntanza, que dará comezo ás 20:30 horas, tamén se presentará un avance das actividades que se desenvolverán na Feira Multisectorial de Mostras e Salón do Automóbil.

No evento, que se celebrará en agosto, haberá tamén unha zona outlet con primeiras marcas e descontos que irán do 70 ao 90%. Non faltarán a música, a gastronomía e unha zona infantil de ocio.

A exposición ocupará dúas carpas duns 800 metros, segundo explican desde a organización, que tamén ten xa case lista unha programación musical y cultural, actividades infantís e degustacións gastronómicas para as tardes e noites deses días en Foz. Os stands dos expositores nas carpas terán unha superficie que pode oscilar entre os 8 e os 48 metros cadrados e tamén haberá espazos habilitados no exterior para as firmas que así o demanden.

Exit mobile version