Site icon Crónica3.com A Mariña

Xuvenís do Burela FS, subcampións do Torneo Costa Nova e de Copa Galega

O conxunto xuvenil finalizou subcampión na dobre cita desta fin de semana, no Torneo Internacional de Fútbol Costa Nova e na Copa Galega.

O Burela FS Pescados Rubén de Christian Fustes calzou as botas de tacos para pelexar no Costa Nova. Despois de impoñerse a Tropezón (1-0) e San Isidro (2-0), os laranxas accederon ás semifinais, a pesar de non poder disputar o terceiro encontro de grupo, fronte ao CD Foz, por coincidir co seu compromiso de Copa. Os penaltis déronlle o triunfo sobre o Quirinal en semifinais, con 0-0 ao remate do tempo regulamentario. A final foi para a SD Burela por un axustadísimo 2-1, un encontro que se escapou na recta final.

Na Copa Autonómica, o Burela FS tamén loitou polo título ata os últimos segundos, con 4-3 para O Parrulo FS.

Sobre o céspede do Costa Nova, os infantís e cadetes tamén tomaron contacto na aventura do fútbol, coa fase de grupos de percorrido paralelo, con 1 vitoria e 2 derrotas.

Todos os resultados laranxas de Costa Nova:

Categoría Infantil
ED EON Burela FS 0-3 CD Tineo

ED EON Burela FS 4-3 Airiz

ED EON Burela FS 0-4 CD Moaña

Categoría Cadete
Burela FS 1-5 Téxtil Escudo B

Burela FS 3-1 San Andrés

Burela FS 2-3 Flaviense

Categoría Xuvenil
Burela FS 1-0 Tropezón

Burela FS 2-0 San Isidro

Burela FS 0-3 CD Foz *Non se presentou Burela FS

Semifinal: Quirinal 0-0 Burela FS *Gañador a penaltis Burela

Final: SD Burela 2-1 Burela FS

Exit mobile version