Site icon Crónica3.com A Mariña

A Asociación de Veciños Cruz da Venta traslada ao alcalde de Cervo as inquietudes dos veciños

reunionO presidente da Asociación de Veciños Cruz da Venta, José Luis Sariego, mantivo unha xuntanza co alcalde de Cervo, Alfonso Villares, co obxectivo de transmitirlle as necesidades e as inquietudes recollidas pola entidade e que inclúen propostas e medidas para mellorar a vila de San Ciprián. Unhas peticións achegadas polos veciños a esta asociación e tamén xurdidas por iniciativa do propio colectivo veciñal.

Sariego destacou a boa disposición do rexedor ante estas demandas, que se comprometeu a estudalas e a darlles solución. Ao mesmo tempo, o presidente de Cruz da Venta tamén aproveitou para solicitar novas colaboracións do Concello de Cervo, que xa vén apoiando a actividade da asociación. Neste caso Villares tamén adquiriu o compromiso de seguir colaborando coa entidade. Esta reunión co rexedor foi solicitada pola Asociación Cruz da Venta, que agradece ao mandatario cervense a axilidade coa que atendeu a petición.

Exit mobile version