Site icon Crónica3.com A Mariña

A asociación cultural Saiñas convida ao seu XXX Festival en Xove

Este sábado día 31 de agosto celébrase o festival anual da Asociación Cultural Saiñas de Xove, este ano será a súa XXX edición, para a cal se vai a poñer en escena unha taberna típica da nosa terra. Neste espectáculo de música e baile tradicional participarán tódolos grupos da asociación cultural (Saiñas, Ñañaras, Cacharelas, grupos de cantareiras e cantareiros e o grupo de gaita e percusión).

A asociación cultural Saiñas de Xove con este festival pon fin ao curso 2012-13, durante todo este ano participaron en numerosas actuacións destacando a súa participación na cincuenta edición da Europeade que este ano tivo lugar en Gotha (Alemaña) na semana do 15 ao 22 de xullo. Tamén destacamos o seu desprazamento o pasado 15 de agosto á veciña Asturias para participar no Festival Internacional de La Caridad.

O próximo 14 de setembro organizará a Foliada da Mariña, na cal se levarán a cabo numerosas actividades durante todo o día, pasacalles, xogos tradicionais, concertos folclóricos…

A directiva da asociación cultural Saiñas quere agradecer o esforzo de tódolos integrantes, así como as axudas recibidas durante todo o ano polas diferentes institucións.

Animamos a tódolos visitante, turistas e veciños que se acerquen á nosa Taberna.

Exit mobile version