Site icon Crónica3.com A Mariña

A CIG-Saúde alerta dos recortes previstos para 2014 e demanda a cobertura de todas as prazas vacantes no SERGAS

O pasado día 2 de agosto de 2013, o Parlamento de Galiza, cos votos do PP, aprobou o teito de gasto dos orzamento para o ano 2014. Este teito de gasto supón un descenso do 0.3% en comparación co do ano 2013, o cal quere dicir que os orzamentos do ano 2014 veranse minguados nunha contía aproximada de 25 millóns de €.

A CIG-Saúde pregúntase de onde sairá este novo recorte orzamentario. Témese que sexa novamente dos salarios das empregadas e empregados públicos e lembra que as/os traballadoras/es do SERGAS “vimos como ano tras ano o noso salario sufría recortes de máis do 15% pola paralización do aboamento suba do IPC, a isto hai que sumarlle a perda salarial pola conxelación do acordo retributivo 2008/12, a redución dos salarios establecida polos gobernos de Madrid, máis a suspensión do complemento específico das pagas extras”.

Por iso exixe ao goberno do PP que os orzamentos do 2014 recollan, cando menos, as retribución íntegras, incluídas as pagas extras completas e que non se recolla ningunha taxa de reposición para poder recuperar a cobertura do 100% das prazas vacantes que se produzan non SERGAS.

Exit mobile version