Site icon Crónica3.com A Mariña

A Comisión Especial de Contas pon de manifesto que o Concello está ao día no pagamento a provedores

Cervo, 30 de agosto de 2013-A Comisión Especial de Contas do Concello de Cervo reunise para tratar os asuntos económicos que se abordarán no próximo pleno da corporación. Un encontro no que se puxo de manifesto que a día de hoxe a administración local está cumprindo os períodos medios de pagamento aos provedores que marca a Lei de medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais. Deste xeito, o Concello garante o pagamento en prazo aos seus provedores.

Ademais, na comisión deuse conta do informe de avaliación no que se detallan as previsións económicas realizadas polo departamento de Intervención para decembro de 2013. Un documento do que se desprende que, ao remate do ano, o Concello presentará unha situación de superávit e cumprirá coa regra de gasto fixada polo Ministerio de Facenda.

A edil de Facenda, Yolanda Pedreira, explicou que esta situación económico-financeira débese a un “traballo exhaustivo e continuado de varios anos buscando o saneamento das contas municipais e a estabilidade orzamentaria que permita a optimización dos recursos municipais”.

Exit mobile version