Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación continua con traballos de rebacheo e roza para mellorar as comunicacións nas estradas da Provincia

16072013026A Deputación xa acometeu melloras no firme das estradas da provincia en máis 40 concellos nos que se dan por rematadas as obras e que suman entre todos 2.500 km. Esto quere dicir que dende que comezou o Plan de Rebacheo para este 2013, en xuño, xa se leva executado máis do 60% das actuacións. Na actualidade as máquinas da Deputación están a traballar en 11 concellos e nos vindeiros días as obras comezarán noutros 14 municipios

Os municipios nos que xa remataron as obras se reparten por toda a xeografía lucense, deste xeito, se acometeron melloras en concellos como Abadín, Burela, Cervo, Vilalba, Muras, Xermade, Ribadeo, Foz, Lourenzá, Cospeito, Castroverde, A Pastoriza, Monterroso, Guitiriz, Samos, O Incio, Quiroga, Pantón, Sober ou Bóveda, entre outros.

Na actualidade as máquinas están a traballar nos concellos de Valadouro, Begonte, Cervantes e O Saviñao, Trabada, O Corgo, Outeiro de Rei, Lugo, Castro de Rei, Palas de Rei e Becerreá. Entre todos estes concellos suman un total de 859 quilómetros. Pendente de próxima execución quedan tan só 864 quilómetros daqueles concellos nos que comezarán as obras nos vindeiros días para ter rematado, previsiblemente ó longo deste mes. A Deputación inviste neste Plan de Rebacheo 5,5 millóns de euros para manter nun correcto estado as estradas da provincia.

En canto ás actuacións de desbroce, os traballos xa remataron en 6 concellos e na actualidade están a traballar noutros 24 municipios. Estas cifras supoñen que están a ser ou xa foron supervisadas as vías de case a metade dos concellos da provincia. Os técnicos repasaron o estado de máis de 2.000 quilómetros, preto do 50% da rede viaria provincial. En 10 días comezarán os traballos noutros novos concellos, completándose deste xeito o calendario de incorporacións por zonas de actuación.

O plan de roza da rede viaria da Deputación mobiliza 70 operarios e 50 máquinas e os traballos deron comezo a principios deste mes, xa que levar a cabo esta actuación con anterioridade, suporía segundo os técnicos da Deputación e tendo en conta as condicións metereolóxicas, a súa dobre execución. Como en anteriores anualidades, o organismo provincial pon en marcha estas actuacións na tempada estival co obxectivo de previr incendios e aforrar custes.

Destacan dende a Deputación que as actuacións de roza son consensuadas cos rexedores municipais, atendendo as súas suxerencias sobre os mellores momentos para realizar os traballos. Deste xeito a Deputación colabora cos concellos para que as estradas estén limpas nas celebracións das festas dos pobos ou con motivo doutras situacións que os alcaldes consideren oportunas.

Contratación de autónomos e PEMES
Para desenvolver o plan de roza, a Deputación contratou estas actuacións a 23 autónomos e pequenas empresas da provincia, precisamente, para potenciar os seus negocios, contribuíndo ó impulso da economía e ó mantemento de postos de traballo en Lugo ante a crise.

A Deputación inviste nestes traballos 600.000 euros, con cargo ós fondos provinciais que achega á conservación da que é a rede viaria provincial máis extensa de España.

Exit mobile version