A Deputación de Lugo, dende a súa conta oficial de Twitter @depulugo anuncia que acaba de superar os 3.000 seguidores nesta rede social. Dende que o organismo provincial decidiu apostar firmemente polas novas canles e o goberno aberto, a cantidade de seguidores en todas as redes non parou de incrementarse. A nivel galego a institución provincial é a primeira en número de followers, deixando moi atrás ás Deputacións de Pontevedra e Ourense que teñen 1985 e 477 seguidores respectivamente. A Coruña, aínda non ten presenza na rede social. Tamén salientar que a nivel estatal, sitúase na sexta posición, só por detrás de Valencia, Córdoba, Málaga, Huelva ou Granada, provincias que por outra banda están moito máis poboadas que a de Lugo.
Máis deixando de lado as cifras, é preciso salientar o tono cercano e distendido co que a Deputación de Lugo se dirixe a súa comunidade, compartindo información de grande interese sobre a provincia, enlaces curiosos e promovendo iniciativas diferentes. Pero é máis importante aínda que a conta responde as consultas, dúbidas e queixas que os usuarios da rede lle queiran transmitir. A conversa constante cos lucenses é a base de toda está presenza mediática en soportes que gozan de grande aceptación entre o público. Todas estas ferramentas permiten mellorar notablemente a visibilidade, posicionamento da provincia e dos seu valores nos entornos dixitais, ó tempo que facilitar a participación cidadá a través dunha comunicación inmediata, menos protocolizada e bidireccional.