Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación esixe á Xunta e ó Goberno Central que desbloqueen as obras da VAC e da A-82, “totalmente paralizadas”

_77K6206Conselleiro de Medio Ambiente, Terrritorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, e á Ministra de Fomento, Ana Pastor, amosando “a preocupación do organismo provincial e a de todos os lucenses” pola situación na que se atopan as obras da Vía de Alta Capacidade e da Autovía A-82 de conexión entre Barreiros-San Cibrao, “totalmente paralizadas”. Así o anunciou este xoves en Viveiro a Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez, nunha visita a un dos puntos destas infraestruturas onde é patente que non hai actividade.

Lara Méndez adiantou que nas cartas, a institución esixe á Xunta e ó Executivo Central que realice “as actuacións necesarias” para desbloquear estas actuacións, ó tempo que lles solicita información sobre os pasos que seguirán para axilizar estas obras. “É inadmisible que en máis de 5 anos de gobernos de dereitas non se fixese en Lugo nin un só metro da VAC e da Autovía A-82” subliñou a Vicepresidenta, apuntando a “incoherencia do PP, que mentres estivo na oposición organizaba manifestacións demandando estes traballos, e agora, á fronte das principais administracións en Galicia e España, non fai nada”.

Renuncios
Ó respecto da Vía de Alta Capacidade, Lara Méndez lembrou que o Partido Popular, antes de dirixir a Xunta, prometeu que estaría lista en 2011. “Hoxe, os populares non teñen previsión algunha, prolongando o remate destes traballos máis alá do 2017”. É é que dende 2009, data na que cambiou o Goberno galego, seguen pendentes de licitar oito dos dez treitos que compoñen o trazado. Todo isto, a pesares de que o anterior Executivo autonómico deixase todos os treitos en fase de execución, licitación ou redacción. Na actualidade, a realidade é a seguinte: o treito de Ortigueira é o único que está en marcha; do de Viveiro-San Cibrao non se teñen noticias e o resto nin sequera están licitados.

A Autovía A-82 “é de extraordinaria importancia para o desenvolvemento socioeconómico da nosa provincia, xa que ademais de conectar plenamente as comarcas da Mariña co resto da cornisa cantábrica a través da autovía A-8, supón unha alternativa máis eficiente ó itinerario da antigua carretera nacional N-642 e presta servizo a un Puerto de Interés General como o de San Cibrao. Tras a aprobación definitiva do Estudio Informativo e Expediente de Información Pública en febrero deste año, cuxa tramitación ambiental llevaba aprobada dende decembre de 2011, non se volveron a ter noticias por parte do Ministerio sobre a licitación dos proxectos de construcción desta autovía que propicien o inicio das súas obras”.

Lugo, 29 de agosto de 2013

Exit mobile version