Site icon Crónica3.com A Mariña

A exposición ‘Coas nosas mans’ chega en Xove á sexta edición

XOVE COAS NOSAS MANS VI (5)Este xoves 22 de agosto ás 17:00 horas na Sala de Exposicións da Oficina de Turismo de Xove, tivo lugar a INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN “COAS NOSAS MANS VI”, que contou coa presenza do alcalde Demetrio Salgueiro, a concelleira de servizos sociais Ana Abad, as profesoras de bordado (Carmen García) e bolillos (Mercedes Barro), así como numeras alumnas dos obradoiros de tempo libre.

A exposición, organizada pola Concellería de Sanidade, Servizos Socias, Xuventude, Muller e Igualdade, vai estar aberta dende hoxe ata o 31 de agosto na Sala de Exposicións da Oficina de Turismo.

Dende fai unha década aproximadamente o Concello de Xove ven organizando obradoiros de tempo libre dirixidos a mulleres. Entre eles, os talleres de bordado e bolillos contaron sempre con moita aceptación. Non supoñen tan so un espazo para a aprendizaxe e o intercambio de coñecementos, senón tamén un lugar de encontro e relación, onde as mulleres do noso concello comparten as mesmas afeccións.

“COAS NOSAS MANS VI” pretende ser unha mostra dos traballos artesanais elaborados durante o curso 2012-.2013, e un recoñecemento á labor feminina, en moitas ocasións pouco valorada. Nesta exposición podemos contemplar diferentes bordados (vainicas, bordado iuguslavo, punto de cruz, de palestrina, de cadeneta, bordado de lagartera, bordado mallorquín,…), encaixes de bolillos, ganchillo, frivolité, etc.

Exit mobile version