Site icon Crónica3.com A Mariña

A IV Val das Fabas pegará un salto de calidade

Dende o venres 16 de agosto estará aberto o prazo de inscrición da IV Val das Fabas 2013, que este ano pega un salto de calidade en canto a premios e organizacón, que corre a cargo das Escolas Deportivas de Lourenzá e o Concello de Lourenzá.

Este ano, a proba terá crono dixital durante todo o circuíto. Seguirá desenvolvendose no prestixioso circuito urbano e enmarcada dentro do Programa da Festa da Faba (declarada de interese turístico) o vindeiro sábado 5 de outubro.

Premios e outros
– Haberá trofeos para os tres primeiros clasificados de todas as categorías.

– Medallas para todos os participantes de categorías menores.

– Obsequiarase con un regalo técnico a todos os participantes conmemorativo do evento.

– Premio de 100 euros en material deportivo e saco de fabas ó campión masculino e de 100 euros á campioa feminina.

– Servicio de avituallamento líquido e sólido á metade e ó final do percorrido.

– Cronometraxe control de meta por Championchipnorte.

– Cronómetro Xigante en meta

– Vídeo chegada en liña de meta.

– Servicio de megafonía.

– Seguro individual de accidentes.

– Dorsal personalizado con impresión de código QR para visualización inmediata de resultados personais ó chegar á meta.

– Ambulancia e médico en evento.

– Vallas e senalización do circuito cada 500 metros.

Regulamento
1.- Poderán participar nas distintas probas todos aqueles atletas nacionais que o desexen, non se autorizará a participacion de atletas federados extranxeiros agas os portugueses que non houberan sido internacionais co seu pais. As distancias son orientativas non homologadas.

2.- As INSCRICIÓNS deberán estar en poder da Organización antes das 18 horas do día Mércores, día 2 de Outubro

3.- O PREZO de inscrición para carreira absoluta é de 5€ para propietarios de chip amarelo championchip e os que non teñan chip, deberán pagar 2€ a maiores en concepto de aluguer de chip. A dos nenos será gratuita.

4.- As inscricións poderanse facer www.championchipnorte.com.
En casos excepcionais, as inscricións dos cativos que corran dentro do casco urbano poderase facer ata 60 minutos antes do inicio da proba, no propio escenario da carreira.

Exit mobile version