Site icon Crónica3.com A Mariña

A ocupación hoteleira media en Burela foi do 82% no mes de xullo e de 92% no que vai de agosto

Burela, 23 de agosto de 2013. A ocupación hoteleira media en Burela, segundo os datos dunha enquisa realizada entre oito establecementos da vila, foi dun 82% en xullo e dun 92% no que vai de agosto. Os datos deunos a coñecer hoxe a concelleira de Turismo, Mónica Pedre, que agarda que “estes últimos días quincena siga sendo boa”.

Máis da metade destes oito enquisados, cinco en concreto, estiveron practicamente ó 100% tanto no mes de xullo coma no de agosto. E aínda que todo apunta a que esta quincena os datos van descender un pouquiño, “van seguir sendo bos”, dixo a edil popular.

Pedre engadiu que “estas cifras recolléronse a través da oficina de turismo do Concello e constatan que, a pesar da situación actual, os hoteleiros de Burela valoran positivamente o verán. No equipo de goberno estamos satisfeitos con estes datos”.

Exit mobile version