Site icon Crónica3.com A Mariña

A praia das Catedrais acollerá a campaña ‘Separemos ben, reciclaremos mellor’ o sábado 24 de agosto

Ribadeo, 22 de agosto de 2013. O sábado 24 de agosto na praia de As Catedrais, estará a campaña Separemos ben, reciclaremos mellor. Será de 12:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas no aparcadoiro do areal.

Segundo explican desde a Concellaría de Medio Ambiente de Ribadeo “un ano máis váise celebrar unha campaña de información e concienciación sobre a recollida selectiva e a reciclaxe en Ribadeo, en concreto na praia de As Catedrais, e en colaboración coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, xunto con Sogama e os Sistemas Integrados de Xestión Ecoembes, Ecopilas e ERP”.

A campaña ten “coma obxectivos incidir na poboación para que esta comprenda a importancia de mellorar a clasificación dos residuos domésticos. Ademais tamén se fará fincapé sobre qué residuos hai que depositar en cada tipo de colector, co fin de mellorar a reciclaxe”.

Para levar a cabo a actividade situarase un aula móbil no aparcadoiro de As Catedrais (camión de dimensións 7,5 m x 3,5 m) dende o que os monitores darán información aos asistentes. Ademais da aula móbil, colocarase unha carpa de 3 x 3 metros onde se desenvolverá o Xogo da reciclaxe de SOGAMA.

Exit mobile version