Site icon Crónica3.com A Mariña

A praza dos Campos acollerá sesións de zumba para todos os públicos

Cervo, 7 de agosto de 2013-O Concello de Cervo pon en marcha unha nova actividade deportiva e lúdica ao aire libre. Trátase de dúas sesións de zumba, unha disciplina recente que combina o exercicio físico con movementos de baile ao son de música latina. Unha actividade que está dirixida a todos os públicos e que se ofrecerá os días 12 e 13 de agosto de 20:00 a 22:00 horas na praza dos Campos de San Cibrao.

Unhas sesións que veñen a complementar a oferta de entretemento estival que pon en marcha o Concello, como é o caso das Noites Alternativas ou dos Enredos de verán, sen esquecer que esta última actividade tamén ten unha vertente didáctica e de conciliación laboral e familiar.

Deste xeito, dende o Concello convidan a todas as persoas, de calquera franxa de idade, interesadas nesta nova modalidade de exercicio físico, a que se acheguen ata a praza dos Campos nas datas sinaladas a probar e a practicar zumba.

Exit mobile version