Site icon Crónica3.com A Mariña

A quinta edición da Festa da Inmigración de Foz celebrarase este sábado no Paseo da Ribeira

Foz, 2 de agosto de 2013. A V edición da Festa da Inmigración de Foz terá lugar este sábado, día 3 de agosto, a partir das 21:00 horas no Paseo da Ribeira.

A celebración estaba prevista para o 27 de xullo pero, co motivo do accidente ferroviario de Santiago, o Concello e os inmigrantes decidiron suspendela ata esta fin de semana. Por isto, a organización do festival agradeceu a todos os que fan posible a festa que se adaptaran e non puxeran impedimento algún para poder cambiala de data.

No festexo, que inclúe degustacións gastronómicas de comidas típicas de cada lugar participante, os países representados nesta quinta edición son Colombia, coa Lechona tolimense; Perú, coa Patita con maní; México, coas Tortitas de tinga y frijoles; Brasil, coa Panqueka; e Cabo Verde, cos pastelinhos de millo e dulce de coco. Estes pratos típicos poderán degustarse por 4 euros, si se queren probar todos, ou por un euro para saborear unha soa comida. Aínda que as bebidas non están incluídas, haberá un bar, no que se prepararán caipirinhas, mojitos e outros cócteles.

Ao remate haberá unha demostración de bailes típicos por parte dos inmigrantes que participan na festa e incluso algún deles amosará as súas dotes coa canción. O grupo burelao de caboverdianas Batuko Tabanka tamén estará presentes e “seguro que será un foco de atención para todas as persoas que se acheguen”, segundo os organizadores.

Exit mobile version