Site icon Crónica3.com A Mariña

A Rede CeMIT de Burela acollerá un curso sobre compras seguras a través da Internet

Burela, 5 de agosto de 2013. A Rede CeMIT de Burela acollerá un curso sobre Compras seguras a través da Internet dende o luns 12 de agosto ata o 20 do mesmo mes.

A actividade que imparte o Concello de Burela na aula CeMIT tratará de ensinarlles aos asistentes a realizar as súas compras a través da Internet de xeito seguro, así como coñecer as vantaxes desta forma de compra, entre outras cousas. O curso impartirase en horario de 9:00 a 10:00 horas da mañá.

Para inscribirse ou solicitar máis información, os interesados poden dirixirse á Aula CeMIT de Burela, sita na Casa da Xuventude, Rúa do Cancelo 1, a través da páxina web http://cemit.xunta.es/ ou enviar un correo electrónico ao enderezo cemit.burela@xunta.es.

Desde a Concellería de Educación lémbrase aos usuarios que poderán facer uso libre dos equipos e da internet da aula en horario de mañá de 7:45 a 9:00 e de 13:00 a 14:00 horas.

Exit mobile version