Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta financia con máis de 77.000 euros as oficinas municipais das áreas de rehabilitación integral da Mariña

Santiago, 3 de agosto de 2013.- A Xunta de Galicia, a través Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, investirá este ano nas oficinas municipais de rehabilitación de 11 concellos da provincia de Lugo (Chantada, Lourenzá, Lugo, Mondoñedo, Monforte de Lemos, Quiroga, Ribadeo, Sarria, Sober, Vilalba e Viveiro) máis de 219.000 euros, tal como establecen os convenios entre o Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) e os municipios que contan con área de rehabilitación e, polo tanto, con oficina municipal de rehabilitación.

Como novidade cabe salientar que este ano as oficinas municipais de rehabilitación xa non se encargarán, como no pasado exercicio, da realización das visitas técnicas e xestión de expedientes do programa RENOVE (programa do Plan Estatal de Vivenda 2009-2012), nin as visitas técnicas e informes do programa ALUGA e do decreto autonómico de rehabilitación, que pasarán a realizarse directamente polas oficinas técnicas do IGVS.

Neste momento,as xestións a realizar polas oficinas municipais de rehabilitación consistirán en prestar asesoramento e información ao público sobre as actuacións comprendidas no ámbito das ARI e doutras axudas en materia de vivenda, tramitar os expedientes e realizar o seguimento técnico das obras da ARI, baixo as directrices que lle sexan facilitadas polo Instituto Galego de Vivenda e Solo.

Concellos

En total, Galicia dispón de 55 áreas de rehabilitación distribuídas en 38 concellos, ademais existe a área de rehabilitación dos Camiños de Santiago, que comprende 107 concellos, e que se xestiona directamente dende as xefaturas provinciais do Instituto Galego da Vivenda e Solo.

Na provincia de Lugo, o IGVS colabora no financiamento de ditas actividades das oficinas de rehabilitación con axudas dos seguintes importes:

CONCELLO

SUBVENCIÓN IGVS 2013
(Prevista no convenio)
Euros

Chantada

19.354,84

Lourenzá

19.354,84

Lugo

25.806,45

Mondoñedo

19.354,84

Monforte de Lemos

19.354,84

Quiroga

19.354,84

Ribadeo

19.354,84

Sarria

19.354,84

Sober

19.354,84

Vilalba

19.354,84

Viveiro

19.354,84

Total

219.354,85

Exit mobile version